Proxectos da Asociación

Na nova etapa do Chuza! temos comprobado que o carácter colectivo está a animar os usuarios a achegar novas ideas de natureza moi diversa. Algunhas delas xa son realidade!

Por iniciativa dos socios, a Asociación ten en marcha varios proxectos:
  • Radio Chuza! Podes coñecer o seu funcionamento na lista de correo onde están implicados socios e usuarios da web
  • Camisolas ch! A historia é longa mais, en breve prazo de tempo poderemos desfrutar dun complemento ideal para os días de verán
  • Fondos ch! Na última chuzarrascada presentouse unha iniciativa para personalizares o teu fondo de escritorio
  • Máis contribucións
Se tes ideas para mellorar o Chuza!, non o dubides. Calquera achega nestes campos é benvida.