Benvido ao antigo chuza. Esta web é de só lectura. Preme aquí para ires ao novo Chuza!
 
18votadas
pechado

A Guerra dos Mundos, de Bacotexo, novo trabalho musical em galego no Eu-Návia

Bacotexo publica A guerra dos mundos, um trabalho de rock que alarga a criaçom em galego com origem na comarca do Oriente Galego. A música vem acompanhada por umha narraçom homónima que conta o processo de amadurecimento de um rapaz da costa eu-naviega e o confronto interno em que vive quando verifica o conflito entre amor e solidom ou rural e urbano. grupo, que através do Facebook informa das novidades, começará as apresentaçons em março. youtube --> youtube.com/watch?v=UXUPNQ7dU54

7votadas
pechado

Volve Malandrómeda con dous discos debaixo do brazo vídeo

O venres 26 sae á venda e o 27 saen “de chea” con eles. Trátase dunha ruta pola Zona Vella de Santiago, tocando un tema en cada un destes coñecidos establecementos da cidade: o Olvido, A Reixa Tenda, El Muelle, Calpe, Miranda Discos, A Reixa Bar, Borriquita de Belem, Camalea, Resas, Fraggle Rock, O Pozo, Bar Tolo, Hervor&Fervor e Cachán sermosgaliza.gal/articulo/cultura/volve-malandromeda-dous-discos-debaie

14votadas
pechado

Sempre en Galiza imaxe

Catálogo de capas de discos de música galega e música gravada por galegos noutras linguas, con referencias que van de 1955 e 2010. Amosa datos básicos pasando o cursor sobre as capas e permite escoitar unha peza de cada traballo moitas das veces.

13votadas
pechado

Festival A Candeloria en Lugo presenta distribución de grupos por días

O venres tocarán Habelas Hainas, Nao, Aspencat, Zoo, Narco e Familia Caamagno. O sábado na sesión vermut que comezará as 13:00 tocarán Poetarras e a noite Soziedad Alkoholika, Diplomáticos de Monte-Alto, El Último Ke Zierre, Vendetta, Zenzar e Ataque Escampe.

16votadas
pechado

Single homenagem a Ricardo Carvalho Calero “A Orquestra Filarmónica de Osaka (Remixes)”

A discográfica galega Língua Nativa lança um single homenagem ao escritor Ricardo Carvalho Calero intitulado “A Orquestra Filarmónica de Osaka" (Remixes). Esta disponível para download desde a sua página web linguanativa.com e escuta online no seu perfil de Soundcloud.

16votadas
pechado

Canções de Natal em galego vídeo

Lista de reproduçom do Youtube com panjolinhas e canções de Natal em galego. Os vídeos pertencem a diversas atuações de artistas da Galiza emitidos na televisom pública do país.

13votadas
pechado

Un país a través dos seus palcos da música

Un proxecto documenta, despois de cinco anos de traballo, máis dun cento destes elementos arquitectónicos, espallados por parroquias de toda Galicia. Os seus autores queren tamén que sirva para... Os autores subliñan que o avance do proxecto de Palcos da Música vese dificultado pola localización dos palcos que aínda restan na xeografía galega, polo que os promotores da iniciativa chaman á colaboración do público, que pode facer as súas achegas no correo palcosdamusica@gmail.com.

10votadas
pechado

Xosé Neira Vilas_ Ai, Amor [audio]

Poema do mestre que nos deixou, musicado por A Quenlla: Hai anos este poema, grazas á xenerosidade de Neira Vilas, viaxou dende Cuba a Galiza para que A Quenlla puidese musicalo. Hoxe, grazas unha vez máis á xenerosidade de Xosé Neira Vilas, podemos publicalo por primeira vez. Grazas! youtube.com/watch?v=HjonDDYtGT0

15votadas
pechado

Sés na Universidade de Deusto: «A música en Galicia. A música en galego.» vídeo

Vídeo da palestra A música en Galicia. A música en galego., dada pola cantautora coruñesa María Xosé Silvar "Sés" na Cátedra de Estudos Galegos da Universidade de Deusto. Tivo lugar venres 23 de maio a partir das 19h00, na Sala Gárate da Facultade de Ciencias Sociais e Humanas do Campus de Bilbo.

 sen comentarios en: Cultura, Música karma: 100
11votadas
pechado

Caxade representará a Galiza no Festival Europeo de Linguas Minoritarias

Artigo no Sermos -> ir.gl/8581ce sunscontest.com/ “Para min persoalmente é un paso moi importante, porque desde o quilómetro cero notei moito cariño no público e chegar a un festival coma este é un pasiño máis para a consolidación do proxecto”, explica Caxade, quen ademais valora o feito de que sexa un festival de linguas minorizadas dado que “nos dá acceso a grupos que temos escaso acollemento no contexto no que nos movemos a diario”.

 1 comentarios en: Cultura, Música karma: 88
12votadas
pechado

De Vacas: “Ao galego facíalle falta saír das parcelas máis clásicas”

De Vacas son o hype da temporada, o fenómeno do que todo o mundo fala nos últimos meses. Son un grupo vocal formado por Inés Salvado (A Marela), Paula Romero (A Morena) e Faia Díaz (A Pinta), acompañadas pola guitarra de Guillermo Fernández (Berrogüetto), que fan versións de grandes éxitos internacionais. Falamos cunha delas, con Faia, A Pinta.

12votadas
pechado

"Tocar a pandeireita co puño pechado e cantar unha muiñeira tamén é punky"

Xabier Díaz, xunto as Adufeiras de Salitre, vén de publicar o seu novo disco en solitario: The Tambourine man. Este disco, para Díaz, supón unha sorte de regreso as súas orixes ao tempo que un punto de inflexión na súa carreira. É volver aos anos de investigación, de traballos de campo, de descuberta e de colleita. “No principio de todo foi a percusión a que construíu a nosa música popular, e seguramente a que estableceu o vínculo entre esta e o baile".

15votadas
pechado

Os Resentidos preparan un 2016 de carallo: disco, xira e temas inéditos

OO histórico conxunto presenta esta terza feira en Ribadavia un avanzo do espectáculo que desenvolverá -disco incluído- en 2016 coa Big Band emanada da Banda Lira da Ribadavia: 'Fai un sol de carallo suite'. Haberá temas inéditos, avanza Reixa en conversa con Sermos Galiza, como 'Galicia-Grecia'.

 1 comentarios en: Cultura, Música karma: 90
13votadas
pechado

Os gaiteiros galegos que tocan baixo a ponte da A8 en Barakaldo

Este grupo de gaitas está composto por Anxel Francisco Rivero, nacido nunha aldea de Oímbra; Eugenio Sánchez Veiga (Gendo), de Sobrado dos Monxes; Xosé Fernández Castro, da parroquia de Toques, Melide; Agustín Reboredo Carlín, da Vila de Cruces; Benigno Ramos Barreiro, de Melide, e a alma mater do grupo: Roberto Mendoza, nacido en Lalín, a quen desde neno chamaron Castelao pola semellanza das gafas e agora séguenllo a chamar polo seu amor a terra, amor a Galiza que tamén lle profesan os seus compañeiros.

11votadas
pechado

Thomas Dylan - Chove. Próximo lançamento da discográfica Língua Nativa

A discográfica Língua Nativa lançará Chove, o álbum de estreia de Thomas Dylan o 1 de setembro.

Data: 01/09/2015
 2 comentarios en: Cultura, Música karma: 82
« anterior12345...50» seguinte

Chuza