Benvido ao antigo chuza. Esta web é de só lectura. Preme aquí para ires ao novo Chuza!
 
9votadas
pechado

SOS rugbi galego

Lanzan unna petición na plataforma Change.org para demandarlle á Xunta unha solución

 sen comentarios en: Deportes, Rugbi karma: 83
10votadas
pechado

Suspenden as ligas de rugbi ao non chegar a acordo con ningún seguro médico

O balón ovalado non se porá en xogo na Galiza mentres a Federación Galega non achar unha aseguradora que lle ofrecer un "prezo razoábel". O Universidade de Vigo e o CRAT -equipas de élite galegas, na División de Honor B masculina e División de Honra feminina- fican momentaneamente fóra de xogo. A cobertura médica por xogadora ou xogador sairía por volta de 600 euros, segundo as fontes consultadas por Sermos, unha cantidade que neste momento está fóra do alcance da Federacion Galega.

 sen comentarios en: Deportes, Rugbi karma: 85
36votadas
pechado

Lanzan en Pontevedra 'O salmón oval', unha revista sobre rugby editada en galego

O rubgy como deporte e os seus valores van ser difundidos a través de 'O salmón oval'. Trátase dunha revista sobre rugby editada en Pontevedra e que empregará o galego para normalizar o seu uso nesta disciplina. O primeiro número, que se presentou na pasada terça, analiza o mítico torneio das 6 Nacións e inclúe, entre outros contidos, unha entrevista co presidente da Federación Galega de Rugby, Nacho Cociña. Tamén anuncian un obradoiro de "Rugby-regueifas" para animar os jogos, impartido polos grandes regueifeiros Pinto d'Herbón e Luis Caruncho

 1 comentarios en: Deportes, Rugbi karma: 86
23votadas
pechado

Cinco bercianos coa selección galega [es]

Cinco xogadores da flamante equipa U18 de Bierzo Rugby foron convocados para o treinamento da selección galega da categoría que terá lugar este sábado, 22 de novembro, no campo de Monteporreiro (Pontevedra). Trátase de Álvaro Miranda, Cosme Alonso, Iván Barba, Natan Guerrero e Francisco Javier Vidal.

 10 comentarios en: Deportes, Rugbi karma: 108
20votadas
pechado

Galicia e Andorra asinan táboas nun vibrante partido

A selección autonómica logra un meritorio empate (13-13) baixo un grande ambiente no campo de Monte Porreiro. Tras a alegría que supuxo a permanencia do Vigo Rugby na máxima categoría nacional, Galicia saltou ao campo pontevedrés coa intención de ofrecer unha boa imaxe e esquecer a súa derrota ante Euskadi na primeira xornada. Conseguiuno o combinado autonómico, que empezou dominando a Andorra, unha selección a priori superior.

 2 comentarios en: Deportes, Rugbi karma: 106
23votadas
pechado

Histori Cup: Nasce o Tres Nações de rugby, com presença da Galiza

Há aproximadamente um ano que principiarom as conversas entre as Federaçons da Galiza, Euskadi e Andorra. Os três países fundadores do projecto decidirom criar umha competiçom de nível ao jeito do famoso Seis Nações, na que as três selecçons absolutas se enfrentam entre elas para defender as cores do seu país. Logo de várias reuniões, e trás a assinatura do Acordo de Anoeta, é agora o intre de botar a andar a primeira ediçom da Histori Cup, com três jornadas. A primeira delas, o dia 31 de maio, enfrentará Euskadi e Galiza em Getxo (Bizkaia).

 1 comentarios en: Deportes, Rugbi karma: 113
12votadas
pechado

Seis Nações: País de Gales quer terceiro título consecutivo

O torneio das Seis Nações está de volta. O evento mais importante do râguebi europeu começa a um de fevereiro e o País de Gales, que vai defender o título, já pode contar com o capitão Sam Warburton. Os capitães das seis seleções apresentaram o torneio em Londres, esta quarta-feira, e o galês, que teve vários meses lesionado, diz esperar voltar à competição no jogo inaugural frente à Itália em Cardiff. O objetivo do País de Gales é ser a primeira seleção a conquistar três títulos consecutivos.

 1 comentarios en: Deportes, Rugbi karma: 108
17votadas
pechado

O ráguebi galego pede passo

Esta tempada 2013-14 contará como principal novidade a criaçom do Trofeio de Campions, que a Federaçom Galega de Ráguebi entregará a aquela equipa que logre ganhar por três vezes a Liga Galega, o que constitue um novo aliciente ás equipas do país. Também está a ganhar força a ideia de organizar um torneio três Naçons, com Galiza, Euskadi e Catalunha. Se o Galeuzca se materializa estariamos diante dumha excelente nova para dignificar a selecçom galega e dar-lhe continuidade ao projecto desportivo, que ao tempo, o torneio seria um grande cenário

 sen comentarios en: Deportes, Rugbi karma: 106
10votadas
pechado

Muralla Rugby Club Lugo

As orixes do Muralla RC remóntanse ao ano 1986 cando baixo o nome de Euita RC foi fundado como clube de rugby por un grupo de estudantes da por aquel entón Escuela Universitaria de Ingenieros Técnicos Agrícolas. Na temporada 2003-04 o clube decide en asemblea inicar un novo proxecto contando con antigos membros do Xabarín RC, nun esforzo por unir o rugby lucense baixo un só nome: Muralla RC.

 2 comentarios en: Deportes, Rugbi karma: 80
15votadas
pechado

Rugbi: O Fendetestas volve ter equipo feminino logo de case dúas décadas

O novo equipo feminino tomou a alternativa nun torneo no que xogaron co Bierzo Rugby Club e o Club de Rugby Ferrol rememorando o primeiro debut de aquel equipo co que botara a andar en mulleres o deporte do oval no 1992, no seo do Fendetestas pontés. Cabe sinalar como curiosidade que aínda unha sobrevivinte de aquela etapa volveu formar coas novas incorporacións que tiñan a primeira experiencia neste deporte que cumpre o cuarto de século nas Pontes. No seu debut, as verdes venceron por oito ensaios a seis ao equipo de Ponferrada.

 sen comentarios en: Deportes, Rugbi karma: 144
22votadas
pechado

Galiza e Euskal Herria disputan un partido internacional de rugby

As seleccións nacionais de Galiza e Euskal Herria disputarán este sábado, 11 de maio, ás cinco da tarde no estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo un encontro internacional de rugby. Ese mesmo día, ás 12:00 horas, enfrontaranse as seleccións femininas de ambos os dous países. O partido forma parte do XXX aniversario da Federación Galega de Rugby (FGR).

Data: 11/05/2013
 2 comentarios en: Deportes, Rugbi karma: 115
33votadas
pechado

Siareir@s Galeg@s apresentará a plataforma Pro Oficialidade Galega no Galiza – Euskadi

Coincidindo com o partido de rugby Galiza – Euskadi do próximo 11 de maio em Lugo, o colectivo Siareir@s Galeg@s, acompanhado e com o apoio de ESAIT e Pro-seleccions Esportives Catalanes, apresentará à sociedade a plataforma Pro Oficialidade Galega.

 sen comentarios en: Deportes, Rugbi karma: 141
31votadas
pechado

Pontevedra acolle un Galiza-España de Rugby

O Mareantes RCP celebra o seu 25º aniversario, o 17 de marzo, cun partido entre a selección galega absoluta e a de España Sub 19. O choque entre a selección nacional e a estatal será posíbel grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra.

Data: 17/03/2013
 1 comentarios en: Deportes, Rugbi karma: 174
39votadas
pechado

Gales dalle unha lección a Feijóo

maxínao. Un pequeno país de tres millóns de habitantes, na bretemosa fisterra da Europa atlántica, enche o peito de bravura celta e pasa por riba de potentes seleccións nacionais como Inglaterra e Franza para gañar un dos máis prestixiosos trofeos deportivos do mundo. Estoupa a festa rachada, un novo folgo de autoconfianza no país, e as imaxes desa pequena terra de nome antes descoñecido chegan a millóns de turistas e empresarios por todo o mundo através da TV, prensa e internet.

 sen comentarios en: Deportes, Rugbi karma: 188
25votadas
pechado

O rugby galego turra forte vídeo

“Si, é o mellor momento na historia do rugby galego”. Ignacio Cociña, presidente da Federación Galega, non ten dúbidas. Coincide no diagnóstico cos presidentes dos dous clubs máis importantes do país, o Universidade de Vigo Iveco Rugby e o CRAT da Coruña. “Estamos vivindo a nosa mellor etapa”, engade Alfredo López, presidente do equipo herculino, que xustifica con datos o seu argumento. “A unión que temos en Galicia é fundamental”, asegura Ignacio Cociña. Pensar en rivalidades estilo Dépor-Celta resulta inxenuo.

 1 comentarios en: Deportes, Rugbi karma: 193
« anterior12» seguinte