Benvido ao antigo chuza. Esta web é de só lectura. Preme aquí para ires ao novo Chuza!
 
60votadas
pechado

O Culturgal 2010 celebrarase na Coruña entre o 10 e o 12 de setembro

A nova edición de Culturgal, a Feira das Industrias Culturais, xa ten data. A Coruña acollerá este evento entre os días 10 e 12 de setembro. A feira contará nesta ocasión co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais e mais do Concello da Coruña. A nova edición está organizada pola Asociación Culturgal, que reúne a Asociación de Editores, a de Produtores Fonográficos, o colectivo de Empresas Musicais e mais Escena Galega.

 17 comentarios en: , Actualidade karma: 67
86votadas
pechado

Piden sancións para un policía que ameazou unha moza por falar galego

actuación de varios policías antidisturbios durante a pasada fin de semana en Compostela desatou a polémica. Segundo denuncia El País, un axente advertiulle a unha xornalista andaluza do mesmo medio que podía levar “unhas hostias” despois de agarrala polo brazo e de lembrarlle que en Santiago “no hay nada que se llame Pescadería Vella”. “Se llama Pescadería Vieja y tú, que eres de fuera, deberías saberlo”, díxolle o policía a unha periodista que preguntou a un viandante como chegar a esta praza, para o que utilizou o seu nome oficial, en galego

 4 comentarios en: , Actualidade karma: 71
« anterior1...197419751976» seguinte

Chuza